Quantcast
Channel: Outras historias – I Never Drink … Wine
Viewing all articles
Browse latest Browse all 16

As zapatillas roxas

$
0
0

Original_flyer_for_the_film_'The_Red_Shoes.'_From_The_Red_Shoes_(1948)_Collection_at_Ailina_Dance_ArchivesImaxe tirada da wikipedia.org

As zapatillas roxas é unha peli moi bonita. Ten momentos que resultan moi tráxicos e conmovedores e xoga a mesturar unha historia dentro doutra, contaminándose ambas e partindo do relato homónimo de Hans Christian Andersen.

Para non contar de máis só direi que unha bailarina de ballet se ve nunha situación difícil e que as zapatillas terán un gran protagonismo.  (fun breve, eh?)

Con todo, eu pensei que, sendo a base un relato do señor Andersen, seguramente sería bastante máis cru/el. Para cotexalo din cunha versión del, sen suavizar, nun volume de Cátedra RECOMENDABILÍSIMO, que é este. No relato a protagonista é unha rapaciña chamada Karen. Xa ao comezo lle morre a nai. Empezamos ben. E Karen era pobre e andaba con zocas no inverno e descalza no verán, así que a zapateira da vila, moi humilde e coa mellor intención, faille cuns farrapos roxos uns zapatiños para que vaia ao enterro da súa nai calzada. A señora adiántanos o desastre sen sabelo sequera.

Por xunto o funeral pasa en carruaxe unha señora maior e con cartos e sen fillos que amaña alí co cura para adoptar a nena orfa. E póñenlla para levar, así sen demasiada burocracia nin estudo do fogar de acollida por parte de Servizos Sociais. Logo Karen ve á princesa cuns zapatos roxos dos que fica namorada. E, xa cando vai facer a súa cerimonia de confirmación na igrexa, consegue enganar á nai adoptiva para facerse cuns zapatiños idénticos aos da princesa (porque a señoriña que a adoptou era un cacho de pan e mercáballe todo canto a nena quería, pero non vía ben e non reparou na cor do calzado).

Logo, un vello vai medio embruxarlle os zapatos a Karen e, un pouco disto un pouco do outro, Karen faille varios desprezos á Igrexa, escolle ir de festa antes ca acompañar á súa nai de acollida no seu leito de morte, atopa un anxo que a maldí e ela vai por aí adiante danzando sen rumbo e sen fin. Porque os zapatiños non lle permitían deixar de danzar en ningun momento. Así que a desesperación chega a tal punto que pide que lle corten os pés cun machado para desfacerse dos zapatos (que tampouco os daba quitado).

Tolleita, rexeitada pola igrexa e orfa por segunda vez, Karen suplica ao cura que a acolla como criada e esta oportunidade será a definitiva para que a moza disfrute do perdón do anxo e a Igrexa tamén a perdoe… matándoa. Fin.

Deducimos que: os zapatos roxos son malos, que o señor que a maldixo tiña moi mala baba e que a Igrexa quedou ancorada na severidade do Antigo Testamento. Unha moza non pode ceder á tentación ou ao desexo. E tampouco pode cometer un erro, porque o pagará con sangue.

FIN.

 

IIlustration_by_Vilhelm_Pedersen,_for_Hans_Christian_Andersen's__Red_Shoes_

Ilustración de Vilhelm Pedersen, parella artística do Andersen.

 

 

 

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 16

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


AKEEM LASISI [20.214]


CATERINA DAVINIO [20.217]